|
NANDIÑO; matizo unha cousa. A miña opinión de Oltra non ven tanto polo que fixo no Tenerife, senón tamén polo tan louvado documental de Canal+ encol do Deportivo do que tantos comentaron neste foro. Fora nese documental no que escoitei una afirmación que deume arrepíos. Cando lle dicían a Oltra que el apostaba polo futbol belo, respostaba que sí , que era certo e saía o Tenerife cando xogaba en 1º coma exemplo, e mostraba todo ufano do tema chegando a afirmar que o Tenerife xogou moi ben en 1º. http://www.youtube.com/watch?v=g3CHfoXCAEY (minuto 9:30) Para resolver un problema o primeiro paso é recoñecer que hai un problema. O Tenerife calificou mal esa temporada, baixou :, eis o problema. Nembargantes o máximo responsable daquel equipo ainda non sabe que tiña un problema. E ese máximo responsable é o que temos no banco. Medo non, terror. Non o dixen daquela porque estábamos a xogar un ascenso e non era o momento de poñer en dúbida ao adestrador. Dígoo agora. Espero que Oltra rectifique, aprenda, e que a rectificación non chegue tarde. FORZA DEPOR!!!!!! |